[2015-10-14]
Os empresarios do sector de transporte de viaxeirros reuníronse o sábado 26 de setembro en Lalin para analizar os moitos problemas que estas empresas teñen por diante, entre outros:
- A actualziación do IPC dos anos 2013 a 2015, que terá que facerse nos anos 2016 a 2020. A aplicación da cláusula de revisión do prezo destes contratos en función da variación anual do prezo do gasóleo. A finalización dos contratos de transporte escolar no ano 2.020,
- Os requerimentos da Axencia Tributaria Galega, con vistas a valorar se a prórroga dos contratos de xestión de servios públicos de transporte, entre outros, os recollidos pola lei 5/2009, deben de tributar polo imposto de transmisions patrimoniais.
- A contratación do SAE, que desenrrola GMV como contratista da Xunta de Galicia.
-A finalización do Acordo Marco sobre Transprote nas Áreas Metropolitanas o 31 de decembro de 2015, xunto coa elaboración do plan de penetracións nos cascos das cidades para mellorar a mobilidade dos usuarios dos servizos de transporte público de uso xeral.
A problemátia que deriva da aplicación da Disposición Adicional 12 da lei de reestruturación do sector público galego, alterando a configuración do actual sistema de mobilidade.
Os asistentes coincidiron en señalar que o sistema de mobilidade en Galicia, vai sufrir grandes cambios, a curto plazo, pero descoñecese cal será o futuro deste e logo das empresas do sector e, que se espera delas o que dificulta, se non fai imposible, que estas continuen invertindo e apostando por Galicia.
Sede:
C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D
15701 Santiago (A Coruña)
Teléfono:
(981) 59 75 00
Fax:
(981) 59 86 20
Correo electrónico: